Doutor en Ciencias da Educación e Profesor Titular de Educación Ambiental na Universidade de Santiago de Compostela (Galicia-España). As súas liñas de investigación céntranse no estudo dos fundamentos teóricos, ideolóxicos e éticos da Educación Ambiental, a educación e a comunicación relacionada co cambio climático e o desenvolvemento estratéxico da Educación Ambiental.
Participou e participa activamente na elaboración e avaliación de distintas estratexias territoriais de EA en España. Coordinador do Proxecto Fénix de Avaliación da Estratexia Galega de Educación Ambiental. Cofundador e primeiro Presidente da Sociedade Galega de Educación Ambiental. Forma parte do corpo docente do Programa Interuniversitario de Doutorado en Educación Ambiental que se imparte en 9 universidades españolas. Actualmente dirixe distintos proxectos de investigación en España, Portugal, Brasil, Colombia, México e Cabo Verde. É membro de honra da Academia Mexicana de Educación Ambiental.
Autor e coautor de máis de 100 monografías e artigos, entre as que destacan Educación Ambiental y desarrollo humano (Barcelona, Ariel, 2001, coautor con José A. Caride), “Educación Ambiental en tiempos de catástrofe: la repuesta educativa al naufragio del Prestige” (Educaçao e Pesquisa. Education and Research, Universidad de Sao Paulo, Vol. 31, nº 2, 2005, 265-284), “In Praise of Environmental Education” (Policy Futures in Education, Vol. 3, nº 03, 2005, 284-295), “Crisis ambiental y globalización: una lectura para educadores ambientales en un mundo insostenible” (Trayectorias. Revista de Ciencias Sociales, nº 20/21, 2006), Asociacionismo e Ciudadanía. Unha análise do movemento asociativo-cultural na provincia da Coruña (Deputación da Coruña, 2008, coautor con Pablo Montero) e Comunicar el Cambio Climático. Escenario social y líneas de acción (Madrid, Ministerio de Medio Ambiente, 2008).
Universidade de Santiago de Compostela
Facultade de Ciencias da Educación
Campus Universitario Sur s/n
15782 - Santiago de Compostela
correo-e: mailto:pablo.meira@usc.es
Tfno. +35 981 563100, ext. 13747
Fax. +35 981 530438
Doutor en Filosofía e Ciencias da Educación (Pedagoxía) pola Universidade de Santiago de Compostela, é Catedrático de Pedagoxía Social no Departamento de Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, desde decembro de 1979.
Director do Grupo de Investigación “Pedagoxía Social e Educación Ambiental” (SEPAinterea) na Universidade compostelán, é autor de máis de 300 publicacións en libros, monografías e revistas especializadas en distintos idiomas e países; entre outros, como monografías: A Educación en Galicia: informe cero (1989 e 1990); Educación Ambiental: realidades y perspectivas (1991); A análise de contextos como práctica educativoambiental (2000); Estudiar ambientes (2001); Educación Ambiental y Desarrollo Humano (2001; edición en portugués, 2005); Las fronteras de la Pedagogía Social: perspectivas científica e histórica (2005); De la Educación Social a la Animación Teatral (2006); Educação e Desenvolvemento Comunitario Local: perspectivas pedagógicas e sociais da sustentabilidade (2007).
Os seus artigos teñen sido publicados en Revistas de alcance nacional e internacional; entre outras: Revista de Educación (España), Bordón (España); Cuadernos de Realidades Sociales (España); Educar (España); Pedagogía Social (España); AmbientalMente Sustentable (España); Educación XX1 (España); Cuadernos de Pedagogía (España); Trayectorias (México); Policy Futures in Education (USA); Investigaciones en Educación (Chile) etc. Ao que se engande unha ampla relación de relatorios, ponencias e comunicacións en Congresos e Reunións científicas de ámbito autonómico, nacional e internacional.
Desde 2003 dirixe a Revista da Facultade de Ciencias da Educación da USC, Adaxe; Ademais, forma parte de distintos Consellos Científicos e Editoriais de Revistas especializadas en Ciencias Sociais e da Educación, en España e noutros países, así como de diversos Comités de Avaliación de carácter nacional e internacional. Ten dirixido un total de 31 Teses Doutorais e máis de 60 Teses de Mestrado, Licenciatura ou equivalentes.
Profesor Visitante de mais de unha ducia de Universidades europeas, latinoamericanas e africanas, desde 2002 preside a Sociedad Iberoamericana de Pedagogía Social, da que é membro fundador. En novembro de 2004, en Chile, foille concedida a “Orde ao Mérito Institucional” do Consello Mundial da Educación-World Council For Curriculum and Instruction.
Jorge Riechmann (Madrid, 1962) é poeta, tradutor literario, ensaísta e profesor titular de filosofía moral na Universidade de Barcelona. No curso 2008-2009, profesor (en comisión de servizos) na Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía da UCM (Universidade Complutense de Madrid).
Licenciouse en Ciencias Matemáticas (Universidade Complutense de Madrid, 1986) e cursou estudos de filosofía (UNED, 1984-86) e de literatura alemá (Universidade Humboldt de Berlín, 1986-89). É doutor en Ciencias Políticas (Universidade Autónoma de Barcelona, 1993), cunha tese doutoral sobre Die Grünen (publicada en 1994: Los Verdes alemanes, Comares, Granada). Viviu en Berlín, París e Barcelona antes de regresar a Madrid en 1996, onde traballou ata o verán do 2008 como investigador sobre cuestións ecolóxico-sociais no Instituto Sindical de Traballo, Ambiente e Saúde (ISTAS) de Comisións Obreiras. Foi presidente -e agora é vicepresidente- da asociación CIMA (Científicos polo Medio Ambiente).
Entre as súas últimas obras publicadas destacan os volumes de reflexión sobre poética Canciones allende lo humano (Hiperión, Madrid, 1998), Una morada en el aire (Libros del Viejo Topo, Barcelona, 2003), Resistencia de materiales (Montesinos, Barcelona, 2006) e Bailar sobre una baldosa (Eclipsados, Zaragoza, 2008); así como os poemarios El día que dejé de leer EL PAÍS (Hiperión, Madrid, 1997), Muro con inscripciones (DVD, Barcelona, 2000), Desandar lo andado (Hiperión, Madrid, 2001), Poema de uno que pasa (Fundación Jorge Guillén, Valladolid, 2003), Un zumbido cercano (Calambur, Madrid, 2003), Anciano ya y nonato todavía (Eds. El Baile del Sol, Tegueste, 2004), Ahí te quiero ver (Icaria, Barcelona, 2005), Poesía desabrigada (Idea, Tenerife, 2006), Conversaciones entre alquimistas (Tusquets, Barcelona, 2007) e Rengo Wrongo (DVD, Barcelona, 2008).
É autor dunha vintena de ensaios (en solitario ou en colaboración) sobre cuestións de ecoloxía política e pensamento ecolóxico. Nos últimos anos, foi formulando a vertente ética da súa filosofía ecosocialista nunha “trilogía de la autocontención” que compoñen os volumes Un mundo vulnerable, Todos los animales somos hermanos e Gente que no quiere viajar a Marte (todos eles en Libros de la Catarata). A mesma editorial madrileña publicou os seus ensaios Biomímesis no 2006, e La habitación de Pascal no 2009.
Ten traducido extensamente a poetas como René Char e dramaturgos como Heiner Müller. Obtivo o “Premio de Poesía Hiperión” en 1987, o Premio “Feria del Libro de Madrid - Parque del Buen Retiro” en 1993, o Premio Nacional de Poesía “Villafranca del Bierzo” en 1996, o “Premio Jaén” de poesía en 1997, o “Premio Internacional de poesía Gabriel Celaya” no 2000, o “Premio Stendhal” de tradución no 2000, o “Premio Ciudad de Mérida” de poesía no 2008. A súa obra poética foi traducida ao francés, inglés, italiano, alemán e outras linguas, e incluída en moi numerosas antoloxías publicadas tanto en España como no estranxeiro.
É Doutor e Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais (UCM), Enxeñeiro Técnico Aeronáutico (UPM), Diplomado en Enxeñaría do Petróleo (UCM e UPM), e Diplomado en Avaliación de Proxectos (DSE de Berlín, Alemaña).
Conta cunha dilatada experiencia profesional nos campos de Consultoría e Enxeñaría de Proxectos, Xestión Ambiental e Desenvolvemento Sostible.
No campo profesional en materia de medio Ambiente e Desenvolvemento sostible ten desempeñado diversas funcións na Administración e no sector privado. Foi Asesor Executivo de Medio Ambiente do Ministerio de Obras Públicas, Transportes e Medio Ambiente (MOPTMA). Ocupou o cargo de Director da Unidade de Medio Ambiente de Argentaria (BBVA). Colaborou con PricewaterhouseCoopers como Director da División de Consultoría Medioambiental e de Sostibilidade, e exerceu, así mesmo, funcións de consultoría profesional como Director da firma “Asesores de Medio Ambiente y Desarrollo Sostenible”, realizando varios proxectos sobre Estratexias de Desenvolvemento Sostible Rexional e Local (Axendas 21 Locais), e Turismo Sostible.
É Profesor de “Economía del Medio Ambiente y Desarrollo” y de “Desarrollo Sostenible y Economía Ecológica”, na Facultade de CC. Económicas e no Instituto Universitario de Ciencias Ambientais (IUCA) da Universidade Complutense de Madrid. É autor de numerosas publicacións e varios libros sobre Economía do Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. Entre outros destacan: Economía e Medio Ambiente (Coord) (1982), Serie Monografías, CEOTMA, MOPU, Madrid; Medio Ambiente y Desarrollo Alternativo (1992), IEPALA, Madrid; Desarrollo Sostenible y Economía Ecológica (1996), Editorial Síntesis, Madrid; Desarrollo Sostenible: Transición hacia la coevolución global (2000), Edicións Pirámide, Madrid. Economía y Ecología para un desarrollo sostenible (2003) (Ed.). La Nau Solidaria. Publicacións da Universidade de Valencia.
Actualmente é Director Executivo do Observatorio de la Sostenibilidad en España (OSE), organismo independente cuxa misión é analizar os procesos de Desenvolvemento Sostible. Desde este centro dirixiu os Informes de Sostenibilidad en España 2005, 2006 e 2007. Igualmente ten dirixido os Informes temáticos sobre Cambios de Ocupación del Suelo en España: implicaciones para la Sostenibilidad (2006); Calidad del aire en las ciudades. Clave de sostenibilidad urbana (2007); Agua y Sosteniblidad: Funcionalidad de las cuencas (2008); e Sostenibilidad local: Una aproximación urbana y rural (2008). Como conferenciante ven participando asiduamente en numerosos congresos, xornadas, cursos e seminarios, tendo así mesmo ao seu cargo a organización do Foro Permanente de la Sostenibilidad como mecanismo de debate social continuado, todo isto co obxectivo de facilitar a difusión do novo paradigma do desenvolvemento sostible.